Que é a contaminación lumínica?
A contaminación lumínica pode definirse como a emisión de fluxo luminoso de fontes artificiais nocturnas en intensidades, direccións, rangos espectrais ou horarios innecesarios para a realización das actividades previstas na zona na que se instalan as luces.
A contaminación lumínica ten como manifestación mais evidente o aumento do brillo do ceo nocturno, por reflexión e difusión da luz artificial nos gases e nas partículas do aire urbano, de forma que se diminúe a visibilidade das estrelas e demais obxectos celestes.
Causas da contaminación lumínicas:
O uso de luminarias que, debido a un mal deseño luminotécnico ou unha colocación inapropiada, deixan escapar boa parte do fluxo luminoso fora da area que se necesita luminar.
Unha excesiva iluminación, produce así mesmo importantes e innecesarias perdidas de luz por reflexión no chan e demais obxectos sobre iluminados.
Unha zona excesivamente iluminada, provoca que as zonas veciñas se tenda a imitala, igualando ao menos aquel nivel de iluminación, producíndose unha "reacción en cadea" que agrava o problema. Isto débese a que o ollo humano necesita un certo tempo de adaptación entre diferentes niveis de iluminación, de modo que cando pasamos de unha zona con un exceso de luz a outra razoablemente ben iluminada temos a falsa impresión de que o alumbrado de esta ultima e probe ou insuficiente.
A falta de sensibilidade das persoas e sobre todo das entidades responsables é debida principalmente a unha falta de información unida ao feito frecuente de que ao vivir durante moito tempo con este problema, nos fomos acostumando a el e xa non o percibimos como tal. Todo isto leva a que, con frecuencia, a hora de elixir un modelo de luminaria, ao carecer duns criterios propios e racionais, utilizase o recurso fácil de imitar a outras poboacións con iluminación contaminante, ao que só se teñen en conta criterios supostamente estéticos, olvidándose da súa principal función que é a de iluminar ben.
Consecuencias:
- Económicas: A luz que se dirixe hacia o ceo, o río ou o mar, o campo ou os montes e a que entra polas nosas ventás, non teñen ningunha utilidade, pero costa o mesmo diñeiro e consume a mesma enerxía ca que ilumina as nosas rúas.
- Enerxéticas: Consumo de enerxía non aproveitada para a función visual.
Sobre consumo por sobre iluminación (en intensidade ou en horario)
- Sobre a saúde e a privacidade: Intrusión lumínica: molestas, dificultades para durmir, estres,etc.
- Modificación do ritmo circadiano: cambios hormonais, anímicos e de conduta.
- Invasión de insectos.
- Maior risco de certos tipos de cáncer.
- Ecolóxicas: Modificación dos ecosistemas nocturnos e desequilibrio entre especies.
- Alteración dos ritmos circadianos de plantas e animais.
- Desorientación e dificultades de comunicación e reprodución en animais.
- Emisión extra de gases de efecto invernadoiro en centrais térmicas.
- Residuos tóxicos das lámpadas
- culturais: Perda da noite como recurso educativo, de ocio e turístico. Impedimento da observación astronómica para profesionais aficionados e público en xeneral.
Algunhas das nosas propostas para reducir a contaminación limínica son as seguintes:
- Utilizar lámpadas de sodio a baixa presión porque non utilizan metais pesados e consumen menos.
- Unha reciclaxe correcta das bombillas.
- Apagar as luces exteriores cando non son realmente necesarias.
- Apagar a iluminación pública de monumentos e edificios corporativos despois de media noite .
- Dirixir o feixe da luz hacia a vía pública.
- Apantallar correctamente as lámpadas.
- Non utilizar lámpadas de bola sen pantalla totalmente opaca e reflectora.
- Non dirixir luces, focos nin láser hacia o ceo.
- Uso de pantallas asimétricas sempre que sexa posible.